domingo, 25 de octubre de 2009

O PRIMEIRO PASO




Tódalas viaxes comenzan cun primeiro paso. ¿Onde nos levará o noso camiño? ¿ e qué importa, se o facemos en boa compañia?.

Esta é bitacora da Asociación Itínera , un espacio aberto para a narración dos aconteceres , que nos vaian sucendendo namentres viaxemos xuntos.

Deste xeito..... camiñemos

3 comentarios:

  1. Parece que teño o honor de ser a primeira comentarista deste blog. Supoño que me corresponde por antigüidade (que non por vella, jajaja). Espero que despois deste veñan miles de comentarios máis de todos os que formamos a gran familia de ITINERA.

    Todos sabedes como cheguei eu a esta asociación, sin ter nin idea do que significaba ser voluntaria, sin saber nada de todo esto, sin pensar onde me metía. E xa pasaron catro anos e sigo aquí. Di o xefe que ese era o meu destino e que non podo escapar del, jajaja. Non fun a primeira, pero ainda cheguei a tempo porque ainda quedaba moito traballo que facer. Foron tempos difíciles nos que todos puxemos o que pudemos e máis para que esto saíse adiante. Agora é todo máis doado, pero segue quedando moito que facer.

    Agora vouvos dicir o que eu penso de ITINERA. Para min ITINERA so é un paso no camiño. O obxectivo último é que ninguén a necesite, que todos sexamos independentes, que teñamos un traballo e que esteamos plenamente integrados na sociedade. Mentras eso non sexa posible aquí atoparemos amigos, xente disposta a escoitar, a ensinar, a aprender, a compartir risas e tamén bágoas.

    Espero que este blog sexa un foro onde cada un de nós poida dicir o que queira, ideas, pensamentos, sentimentos, queixas, e todo o que se nos ocurra. (Ollo!, o que se queixe de min ou me critique non volve probar a miña tarta de queixo na vida, jajaja). Empezade a escribir xa, é unha orden, jajaja.

    ResponderEliminar
  2. Pois a verdade que aínda tendo traballo, unha vida independente, etc, ás veces ó duro entorno que nos atinxe, fainos padecer e desacougar, por iso é especialmente interesante Itinera, porque todos nos entendemos, aceptamos e ata dicimos cousas bonitas e agarimosas cando fai falla facelo.... grazas a tódolos que me están a dicir estos días, que agradecen os consellos que lles dou, e como ensino a comprender a realidade... Facédesme sentir, moi ben... ben por nós, rapaces/as.

    ResponderEliminar
  3. A verdade que fai poco que empecei a formar parte deste grande proxeto. Ó principio antes de coñecer ós rapaces a verdade que me daba un pouco de medo por se sería útil, pola forma en que iban a acollerme… medos totalmente infundados porque trátante como se te coñeceran de toda a vida, sen prexuizos. É un verdadeiro pracer estar con eles. Eu vou a poucas actividades. Por motivos de saúde non podo adidicarlles máis tempo. Gustariame a verdade, todo chegará, o caso é que estou totalmente cómoda con eles e con tódalas persoas que fan posible que Itínera esté aí. Síntome útil porque podo conversar con eles, escoltar os seus medos e viveversa, eles preocúpanse por min, se atópome mal e teño un día malo, algo que nos o fan moitas persoas sanas.
    Eu vou a unha das actividades que se chama Análise Crítico e Iniciación ó Cine. Sorprendeume gratamente ó nivel cultural que teñen os rapaces. En Análise Crítico debatimos sobre noticias e temas realmente interesantes nos que quedeime gratamente sorprendida ó observar que os rapaces son moi cultos e inteligentes e dende logo a moitos gustaríamos ter a súa educación, o seu saber estar, o seu nivel cultura e a respeto á persoa que leva a actividade, ó coordinador da asociación e a tódalas persoas que compartimos este tempo.
    Iniciación ó Cine é outra das actividades ás que vou e vaia moi a gusto porque encántame o cine e prefiro ver una peícula en compañía, e que mellor que cun montón de rapaces, cos que despois a comentamos. Sempre apréndese alogo interesante, sobre o mesmo filme ou sobre o seu argumento. Sempre hai algunha moralexa.
    Tamén tiven a sorte de compartir unha fin de semana con eles, ter o pracer de comer cun montón de persoas. ¡Qué privilexio poder charlar e compartir risas e anécdotas mentres comes! Odio comer soa. Encántame pasear con eles e disfroitar da naturaza… de considerarme dentro dunha familia, de considerarme amiga e de ser correspondida, vaia a verdade que todo o que vin neste tempo con estas persoas foi moi grato. Non hai mal rollo, sempre hai alguén que te avasalla un soriso e dende logo se hai algún problema sempre están as persoas que fan posible que todo sexa real, sobre todo o coordinador que sempre está disponible para o que fai falla.
    Alégrame moito estar, espero poder participar cada vez máis e a verdade que eu lles teño agarimo e deixar de relacioarme con eles agora sería imposible. Agradézolles por deixarme participar da su compañía e da súa amizade… grazar a tódolos rapaces e grazas a ti tamén Carlos, ti fuches ó culpable de que eu estea aí…. Grazas a todos.
    Carmen.

    ResponderEliminar