lunes, 13 de mayo de 2013

MARTY, por Raúl


Marty é unha película do ano 1955, dirixida por Delbert Mann e escrita por Paddy Chayefsky (autor que se convertería nun dos guionistas máis importantes da historia). A película gañou os catro Oscar máis importantes e é considerada un clásico que non perde actualidade. Está protagonizada por Ernest Borgnine e Betsy Blair.

Trátase dunha película ambientada no Bronx neoiorquino, unha historia que oscila entre o drama e a comedia, cun home corrente, un carniceiro, como protagonista: Marty é un trintañeiro que se considera a si mesmo un homiño gordo e feo, e que por elo está a punto de renunciar a encontrar unha muller coa que compartir a súa vida... pero, inesperadamente, encontra a unha alma solitaria coma el, e a pesares das dificultades que lle impón o seu entorno, decide finalmente darse unha oportunidade de ser feliz xunto dela.

O filme é un remake dun capítulo co mesmo nome realizado dous anos antes para un programa dramático dos primeiros tempos da televisión americana, "The Philco Television Playhouse", capítulo que é considerado uns dos iniciadores da chamada "idade dourada da televisión". O estilo narrativo e visual da película está moi determinado pola herdanza dos métodos usados neste medio de comunicación, sendo o director un dos integrantes, xunto a figuras coma Arthur Penn, Martin Ritt ou Sidney Lumet, da "xeración da televisión".

A película é tamén herdeira do realismo do cine negro de estilo documental que se desenrolara nesa época, e comparte trazos co neorrealismo italiano (obras como "Os inútiles" de Fellini, ou "Ladrón de bicicletas", de De Sica): trazos importantes como o feito de poñer o foco nas vidas de persoas anónimas da clase obreira.

Os diálogos son un dos puntos fortes do filme pola súa inusual naturalidade para o corrente no cine clásico americano (con personaxes interrompéndose uns os outros e falando o mesmo tempo, con circunloquios que non teñen fin, ou mergullados nunha charla trivial que non é funcional para o desenrolo do argumento...). Outro elemento que a crítica soe destacar e a fotografía de Joseph LaShelle.

O director Delbert Mann tivo unha carreira discreta, con dúas películas máis en colaboración co mencionado Paddy Chayefsky: "A noite dos maridos" (The Bachelor Party, 1957) e "Na metade da noite" (Middle of the Night, 1959), que eran do mesmo modo remakes de senllos capítulos do referido programa de televisión (obras que ademais comparten con Marty o realismo, a profundidade e credibilidade coa que se examinan os personaxes –seres correntes que se enfrontan a un punto de inflexión nas súas vidas–, e a intensidade dramática dos momentos cumes do metraxe). Delbert Mann aínda realizaría outra gran obra, a coral "Mesas separadas", e unha comedia moi recordada, "Pixama para dous".

Polo seu interese debido a súa importancia na evolución do cine, e polo conmovedor dunha historia sinxela sobre seres coma nos mesmos, paréceme do máis adecuada para ser comentada no cineclube da Asociación.

Por outra banda, calquera persoa que sufrira ou sufra un trastorno mental pode sentise identificada con Marty. Do estudio de personaxes que é esta película despréndese que o protagonista é un ser moi marcado polas súas relacións familiares e o seu grupo de iguais, con pouca capacidade para cambiar e tomar decisións sobre a súa propia vida, con dificultades para relacionarse e encontrar parella, que exhibe unha inseguridade derivada dunha baixa autoestima, etc. Toda unha serie de características que son moi comúns entre as persoas que sofren unha enfermidade mental, persoas que en moitos casos, o igual que Marty, encontran unha traba que lles impide avanzar no que se suporía o normal desenrolo das súas vidas, unha traba que lles impide cumprir coas expectativas que a sociedade garda sobre eles.

Eu mesmo tamén me sinto moi identificado co protagonista e me vexo reflectido nas vivencias que describe a película. Eu tamén son, como Marty, "un homiño gordo e feo", en busca da súa bela, luminosamente namorada, Betsy Blair:
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario