jueves, 9 de mayo de 2013

ENTREVISTA A DANI SOBRE MEDIOAMBIENTAL, por Chan

Entrevistado e entrevistador, nunha pausa durante a realización da entrevista.
“O traballo máis duro foi ao comezo”
— Dani, como chegaches ao voluntariado de Itínera, á actividade de medio-ambiente? 
— Desde un ingreso no hospital psiquiátrico de Conxo.

— Cantos anos levas no voluntariado?
— Oito, case nove anos. 

— Como cambiou neste espazo de tempo?
— O traballo máis duro foi ao comezo, no lavadoiro (que estaba cheo de lodo) e no cemiterio; eramos moi poucos, tres ou catro…! Carrexar todas as pedras, facer as escaleiras, descubrir as tumbas… O bo era que Carlos nos traía comida: refrescos, galletas… (risas). 

— Tamén chegou xente nova? 
— Si, por suposto, e agora máis ca nunca. Pero bótase en falta a que xa non puido voltar: María, Bernardino… 

— Que representa para ti medio-ambiente? 
— Pois é unha forma de activarme. Nun comezo servía para facer algo útil. Agora, calquera día quédome na cama (risas). 

— Que botas en falla? 
— Máis xente, ferramentas novas… Limpar tamén o que era a “Fonte da virxe”. 

— Que lle dirías a alguén que quere comezar o seu voluntariado connosco? 
— Que probe dun xeito aberto e sen medos!

3 comentarios: