lunes, 18 de enero de 2010

OS REBUSCADORES por Encarna


Fai algún tempo vin un documental da directora francesa AGNÉS VARDA, a cal percorreu Francia en busca de “espigadores”(son os que recollen os restos da cosecha de trigo que desaproveitan os donos”) que sosteñíanse grazas a facer iso.
Iste termo non só aplícase ao entorno rural,senón tamén extrapólase ao urbán e hoxe en día se cadra con máis vixencia que nunca pola crise.Nesta sociedade cada vez son máis os que teñen que botarlle valor e rebuscar nos contenedores (os supermercados e outras grandes empresas desfanse a diario de toneladas de comida,aún aproveitable);reventan containers para recoller roupa ;e tamén recollen outros enseres na rúa.É a subsistencia do día a día e non teñen máis remedio que perder certa dignidade e orgullo; outros dedícanse a iso,convertíndose case nun oficio:ferralleiros,cartoeiros…
O que me parece máis paradóxico é que son solidarios entre eles,cada un recolle o que necesita,deixando parte do botín aos outros. Tódolo contrario acontece na época das rebaixas ,así a clase media forma disputas e conglomeracións e iso que teñen que pagar a mercancía.
Todo por estar” in fashion”.Se istes tiveran que sobrevivir rebuscando, serían coma feras…
No ámbito rural vense “espigadores “de patacas( as desprecian por non dar o calibre,por deformacións…) e a documentalista atopou unha pataca en forma de corazón,que lle serviría de metáfora no seu documental poético.
Eu son amiga de aproveitalas cousas ,son unha espigadora máis e teño unha mentalidade típica de Amsterdan ,alí a xente colle mobles na rúa se ningún tipo de vergoña ou ben por necesidade ou porque recollen cousas que outros tiran sen miramentos.Sendo istes últimos pragmáticos e reutilizadores.
Namentras vou a rebuscar na casa algo das miñas múltiples coleccións e poñelo en e-bay.!Quén sabe, se cadra atopo a un coleccionista adiñeirado e caprichoso que puxe por iso!,
(anque me diredes que é unha toleada).Por iso
non entendo como outros rebuscan puramente por hobby na praia co seu detector de metais e pasan desapercibidos e se rebuscas doutra forma,téñenche por pordiosera ou tola…
Se queremos ter unha economía sostible, teremos que aprender o concepto de reutilización e de reciclaxe.e ata incluso seremos máis creativos.A colación disto, existen artistas da reciclaxe que tamén teñen que rebuscar, nese caso chámase “espigueo”.