
Dixéronme dunha aldea con encanto e boas paraxes donde está a casa a habitar ocasionalmente(cunha historia as súas costas de todo singular).Estremeiro co cemiterio e a súa respeitiva igrexa do pobo de Merza(e agradecidos lle estamos a él pola súa magnífica acollida).Xa pasei uns cantos fins de semá e sempre paréceme que irrumpimos na casa coma se foramos okupas.Non é precisamente a miña aldea dos avós en Sarria,pero tamén destila o inconfundible cheirume a terra e herba mollada ,o máis identificativo dunha aldea .É o lugar perfecto para reencontrarse cun mesmo-aínda que esta expresión resulte manida-e tamén co pasado,recordos que che retrotaen a creatividade dos xogos que che procuraba o campo.
Eu quixera ficar, anque sexa na memoria, ao lado da casa,apoiándome contra a súa pedra e auscultando dita parede coma se fora cega e tivese so ése por único sentido. De valerme así para transmitirme a sensación de pertencer a este mundo e reafirmarme de que estou viva.Necesito sentir o radón que desprende a pedra …
Somos comedores de patacas,coma de seu no medio rural e as veces non tan rural.Recorda o título do libro de Manuel Rivas”Os comedores de patacas”(1991),pero nada teño que ver co seu protagonista,Sam:enganchado as drogas e vivindo entre o mundo rural e urbán,porque eu so quero ficar ao lado da parra con sulfato de cobre e co sangue con psicotrópicos baixo prescripción médica, e así sentir que os meus pés son a prolongación das raíces do terruño,aferrándome ben a él e sentindo que inexorablemente perteñezo a alí e espantando a pantasma da desrealización(sentimentos de que o mundo é irreal coma se vivise nunha película surrealista e eu fora o monicreque coma protagonista).Quixera ficar ,anque sexa na memoria, nesa vella parra e apapalpar cada intersicio da debandita parede de pedra.