jueves, 17 de diciembre de 2009

OS COMEDORES DE PATACAS por Encarna


Dixéronme dunha aldea con encanto e boas paraxes donde está a casa a habitar ocasionalmente(cunha historia as súas costas de todo singular).Estremeiro co cemiterio e a súa respeitiva igrexa do pobo de Merza(e agradecidos lle estamos a él pola súa magnífica acollida).Xa pasei uns cantos fins de semá e sempre paréceme que irrumpimos na casa coma se foramos okupas.Non é precisamente a miña aldea dos avós en Sarria,pero tamén destila o inconfundible cheirume a terra e herba mollada ,o máis identificativo dunha aldea .É o lugar perfecto para reencontrarse cun mesmo-aínda que esta expresión resulte manida-e tamén co pasado,recordos que che retrotaen a creatividade dos xogos que che procuraba o campo.
Eu quixera ficar, anque sexa na memoria, ao lado da casa,apoiándome contra a súa pedra e auscultando dita parede coma se fora cega e tivese so ése por único sentido. De valerme así para transmitirme a sensación de pertencer a este mundo e reafirmarme de que estou viva.Necesito sentir o radón que desprende a pedra …
Somos comedores de patacas,coma de seu no medio rural e as veces non tan rural.Recorda o título do libro de Manuel Rivas”Os comedores de patacas”(1991),pero nada teño que ver co seu protagonista,Sam:enganchado as drogas e vivindo entre o mundo rural e urbán,porque eu so quero ficar ao lado da parra con sulfato de cobre e co sangue con psicotrópicos baixo prescripción médica, e así sentir que os meus pés son a prolongación das raíces do terruño,aferrándome ben a él e sentindo que inexorablemente perteñezo a alí e espantando a pantasma da desrealización(sentimentos de que o mundo é irreal coma se vivise nunha película surrealista e eu fora o monicreque coma protagonista).Quixera ficar ,anque sexa na memoria, nesa vella parra e apapalpar cada intersicio da debandita parede de pedra.

1 comentario:

  1. Alí el "Químico"17 de mayo de 2010, 6:56

    A verdade é que si somos grandes papadores de patacas!!! En forma de tortilla, con xudías que mais que xudías con patacas, son patacas con xudías, nun bo guiso..... Ademáis de traballare, somos grans comilóns (empezando por min) porque coas caminatas e o traballo, un entra nun estado de avided pola comida, tal como din os ingleses I'm going kill the woulf!!!

    ResponderEliminar