jueves, 4 de marzo de 2010

O FIN DO TRABALLO (I) Por Manuel Valiño



1- CHAGESHEIMER:
“Ruina”(1947)
Lembro, de meniño os meus amigos i eu xogábamos a un xogo q´a consistia nun taboleiro no q´estaban anotadas as rúas do madriles, i q´e con unha ficha cadaquen tiñábamos q´e mercar as rúas que nos interesaran, conforme a nosa ficha iba caendo, ao precio indicado sobor o taboleiro. Dispoñamos dunha certa cantidade de cartos, i un dos xogadores facia de banca. Mais o que non advertíamos, na nosa inocencia, era co xogo marcaba a realidade dos barrios da cibdá, i assim, “ Gran via” era tanto máis cara q´e “Lavapies”, i asegún os seus ptrezos, máis pagaban as fichas q´e tiñan a mala fortuna de atoparse nunha das miñas rúas, por exemplo podias aumentar o teu Kapital, construindo casas, i, a posteriore, hoteis. I o q´e en nós non adveris o noso consciente era o noso afán polos cartos, polo negocio, por aumentar o noso patrimonio, xa q´engancgaba. A posteriore, na miña xuventude, merquei un xogo, tamén de dados i fichas, titulado: “ Capitalismo i Socialismo”, na cuia tapa aparescían os caretos de R. Reagan i Carlos Marx. Non me lembro moi ben en q´e consistia; a verdade nunca soupen entender o libro de instruccións, mais non tiña nada q´e ver co xogo dos grandes negocios de moeda de papel, senón ca últema casilla, si caias na trampa capitalista, un grande hongo nuclear remataba co xogo, reservada a “Revolución Social”, no caso socialista.

2- ROBERT DOISNEAU
“ Soño dun tatuado” (1952)

O proletario da Dictadura, días de leite ráncia, pan duro i papel de periódico para limpar o cú; dou paso ao proletariado da Democracia, bós cachos de carne nesta terra farturenta. O home dos escudos vai camiño na busca de mán d´obra dispoñibel. Dín algúns economistas, ca sí a mán d´obra asalariada aceptase a xornada reducida a mitade, cobrando menos renta, i assim empleando media xornada os parados, o desempleo poderia solucionarse. Nembargantes é algo utópico xa q´e as xeneralidades, a visión global, é corta de vista ou está cega, xa q´e a competividade, a rutina, a vida-traballo do día a día, condenanos a comida-castigo. Existen na actualidade tres crases sociais: a dos inversores, a dos empresarios i a dos traballadores; existindo unha coarta crase-ociosa, q´e nin compra nin vende, senón cas súas ganancias son as accións cas manteñen na riqueza, i a cal, coido eu poderíamos agregar os aristócratas. Toda isa oligarquia financieira q´a obriga a mulher do traballador a protituirse.


3-EUGÈNE ATGET
“ A prostituta”(1921)

Deixade cos banqueiros se dediquen a estirar os billetes, non saben o q´e se traen entremáns. O home saido da selva pide un crédito para montar unha empresa, de aluminio por exemplo. Precisa d´un monto i necesita obreiros de confianza i cualificados. Chamemos a isto gasto. Fae un cálculo aprosimado do q´e vai producir, digamos tres tubos(N). A competencia con outros patronos está regulada pola ley da oferta i a demanda. Ista loita antre fábricas está resuxeita polas leies i organismos da patronal, de tal forma q´e os productos, unha vez no mercado, non poden sobrepasar uns límites preestabelecidos. O dono dos escudos pretende: unha vez pagados os soldos aos seus empregados i o mantemento das instalacións da fábrica(maquinaria, electricidade, gasolina, ecetra), i tras pagar a letra bancaria coa cantidade acordada co director da sucursal(mensual,bimensual...); pretende, o q´e seria agradabel para il, xa q´e soio pensa no diñeiro; pretende sacar de gañancia-riqueza un tubo d´aluminio no mercado, i assim ampliar o seu negocio. O siñor”M”, gaña tres pesetas: unha para hipoteca, outra para xantar, a terceira para cartilla de aforros. I si a vida non o permite, sempre lle queda ca mulher do obreiro se prostituia.

1 comentario:

  1. Alí el "Químico"17 de mayo de 2010, 7:00

    Nunca mellor dito, nestes momentos de crise.

    ResponderEliminar