miércoles, 18 de noviembre de 2009

RELATO: O XINETE DE ZUCRE, por Manuel Valiño


...E vín unha estrela explosionar i adeprendín coores novos, imposibeis de explicar con a miña paleta, cun pincel sobor o meu lenzo. Mais adivinei o coor do silencio, da quietude, da balada musical: o blanco; coores energéticos coma o roxo i o amarelo. Mais ista combinación non m´encheu i quixen non mantelos xuntos, i advertín o negro, oscuro, a noite coma unha premonición do meu destino. I aborrecín, mais sen querelo, coma quen inventa a Penicilina, mezclando aquela enerxía, coor instintivo, o roxo-morado i o coor da sin luz, i gostoume, i abusei deles no meu lienzo, q´a paulatinamente s´iba apartando da representación crásica, para acercarse ao Impresionismo i o Fauvismo, para morrer no máis dilatado, vaporoso, musical do abstracto. A sinfonia, Schönberg, de coores traspasaron a miña imaginación i ista fixo de dorados brillantes i plateados con pingas oscuras ca se atoparan para sempre endexamáis Nela i q´e fora imposible darlles forma no recheo q´era o cadro. Mais paresceronme doces, soaves, i tratei de expresar o meu sentimento nunha ideia máis xeral q´a concluida en arte. I entón recapacitei: coma o doce, un algo exclusivo do gusto, ise sentido tan manifestamente poético, podo expresalo no meu arte; xa q´e non presisaba dunha fresa ou un pastel; tan soio necesitaba coores. Mais nin o arco-iris q´a nos brinda coma unha maravilla; non coma unha marabilla no sentido moderno, senón como a “marabilla” d´Aristóteles ca identificaba con as ansias de saber, a pirmeira filosofía. Nembargantes a pintura para mín non era pensamento, senón música: música crásica, imspresións-concerto, música moderna-grafittis. Mais que coor, os meus frascos de oleo poderían responder a isa chamada do zucre. I assim soupen co xinete cabalgaría sobor o cabalo azul galopando contra de un forte vento i o seu aroma acabaría por penetrar por todolos poros da tela sobor o cabalete sobor do q´e os espazos serian fartos nun manxar estaba a impedir q´as miñas máns forceaxen no lume do azulcarmesí, o rosa aterciopelado, no fluir do sangue na Natureza, nos árboles, nos rios, no verde da mar; ista falta do sentimento do branco brillante, ca non era o cristal da “Nieve”, senón o doce do zucre, fixo q´e m´agochara coa testa nas miñas mans i o tigre de Fanz Marc, no mandril do mesmo autor, obras verdadeiras, traballos de verdade que sublimaban o arte da impresión, i q´e Leonardo expresara xa fae sécalos, a doce sonrisa da súa dama. Mais ao rato de saloucar volveu a musa da inspiración a proponme formas geométricas, cadadros, rectángulos, triangulos; puntillismo, novos tratamientos ao tema; i rebusquei na miña tabos aproveitando a Picasso, Manet, Cezanne, a todo artista, todo o arte q´a atopara en manuais i museos; volvín escoltar cousas duras i problemas actuais nun misticismo, fanatismo vangardista. I con dez, cicais doze din por rematado o cadro: sonido negro, Jazz, Blues, Gospell, Rap, co millor das lambetadas, o zucre. I non atopei istas formas imperfectas, psíquicas, oníricas, surrealistas, en ningunha das manuales q´a consultei nas hemerotecas: non había doce ( dulce, en castelán) na “ Variopinta vida·” nin nas paisaxes ni no “ Monte” de Kandinski. Agora yazo invidente; durou dous anos o pronóstico, estou cego. Trato de axudar a miña compañeira no arte da abstracción. Trato de explayarme na parte teórica. Quero aclimatala no reino da coor para os meus ollos cegos, limítase aos coores da imaginación, i agora sinto coores en movimento, trato d´imaxinarme as grandes obras do Op-art i do Pop-art, trato de contemplar o “ Xardín zoológico” de Augus Macke, i o desfago i o volvo a compoñer ao meu antoxo. Teño unha grande vida interior i unha familia c aquéreme…Mais quero morrer.

P.D.: Unha vez miña filla Ruben, loira i fermosa de once anos preguntoume o título d´un dos meus cadros.
Cal?- díxenlle.

O do ruido, o do pasado incerto, o do coores chillóns mezclados con outros suaves, o das formas coitando…

O xinete de zucre- respondinlle.


Relato de Manu Valiño.

1 comentario:

  1. daniel "Alí el químico"29 de noviembre de 2009, 22:55

    e'no sobrado en Merza,
    en Merza no sobrado,
    bailaba pantasma ferido,
    belido é,

    belido,
    belido poema,
    belido xinete,
    belida pantasma,

    Como diría Andrés Montes.... eres un Crack Manu!

    ResponderEliminar