lunes, 2 de noviembre de 2009

UNHA OLLADA RÁPIDA ÓS NOSOS PROGRAMAS.




“Proxecto Ágora:” consiste na creación dun centro de estudos para complementar a formación académica daquelas persoas que non puideron continuar os seus estudos ou, nalgún caso, non tiveron acceso a eles. Tamén se imparten obradoiros de actividades de vida diaria e de habilidades sociais, para aprender a desenvolverse cós tramites burocrático e administrativos comúns (pago de tasas na Administración, operaciones bancarias, recibos da luz e o gas etc…). O programa , impartido dende setembro do 2008 está aberto durante todo o ano e as clases teñen lugar na academia da asociación sita na rúa República Arxentina nº 22 5º-esquerda . As actividades que realiza son:


Clases de apoio ó estudio: Pasantías individuais de diversas materias para persoas que queiran sacar dende o graduado escolar ata grupos de apoio ó estudo para universitarios e opositores.
Informática: Achegamento ó complexo mundo dos ordeadores, do sistema Windows e do Microsoft Office e Internet. Nos Centros Socioculturáis de Fontiñas e Aurelio Aguirre de Conxo.
Escola de idiomas: Clases de nivel básico e medio de lingua inglesa e francesa.
Curso de Cociña e Comedor: Onde os participantes aprenderán a preparación de platos básicos e reposteria elaborada. Por suposto, disfrutarán do que se cociñe.
Habilidades administrativas: Iniciación no mundo da lexislación básica referente o eido da saúde mental. ( dereitos e deberes como cidadáns, concepto básicos sobre internanmentos, incapacitacións, tutelas…).
Análise crítico: Grupo de estudio e debate sobre temas de actualidade e cunha metodoloxía de traballo en grupo.
Artes plásticas: Achegamento ó mundo das diversas artes como a pintura, o modelado, a banda deseñada , a fotografía ou a montaxe de maquetas. No Centro Sociocultural de Fontiñas
Iniciación ó cine: Cine forúm onde se proxectan clásicos da sétima arte con posterior coloquio.
Clube de lectura: Proponse ós participantes unha serie de libros a elexir que posteriormente comentanse en común ó tempo que se realizan diversas dinámicas de grupo con contados literarios.
Equipo de redacción: Este grupo de reporteiros ten como función estar ó día de tódalas actividades da asociación para poder informar o público en xeral sobre o noso traballo, tanto neste boletín coma na nosa páxina web (http://www.asociacionitinera.com/) ou este blog.




“Proxecto Hermes”: Consiste na creación dunha rede social a través de actividades de corte deportivo e lúdico e fin de semanas compartidos.

Fútbol: Adestramentos semanais do equipo de fútbol “Os Tornillos” có obxectivo de gañar tódolos partidos timestrais. Os venres No campo de fútbol da S.D Conxo.
Programa amigo: O primeiro obxectivo da nosa asociación é que ninguén camiñe nunca só. Para este fin contamos cun bó número de voluntarios que realizan labores de acompañamento con todas aquelas persoas que precisan dunha voz amiga coa que departir sobre as cousas da vida, tomar un café ou dar unha volta…
Xornadas activas de Merza: Cada quince días os membros da nosa asociación disfrutamos dos fins de semana na antiga Casa Rectoral da parroquia de Merza. Ali realizamos as actividades máis diversas dende cuidar da casa e da eira ata, cociñar , prantar patacas restaurar mobles vellos, facer sendeirismo e outras actividades.
Campamentos de verán: Cada mes de agosto Itinera organiza na nosa casa en Merza tres campamentos de cinco días con actividades de corte temática cada un. Neste ano 2009 os devanditos campamentos trataron sobre: “Xogos populares galegos”, “Música tradicional galega” e “Contos e lendas”.




“Proxecto Hefestos”: A través deste proxecto tentaermos desenvolver actitudes e habilidades necesarias para a incorporación ó mundo laboral.

Taller de emprego: Consiste en diferentes obradoiros, encaminados o desenvolvemento no ámbito do emprego. Dende a redacción de curriculums e a preparación de entrevistas ata a mellora da comunicación e a resolución de problemas no traballo, asi como lexislación laboral básica.
Educación medioambiental: Rehabilitación dunha antiga alameda de gran riqueza biológica e historica á beira do río sar e nos arredores do Hospital Psiquiático. Este ano comezaráse coa construcción dun pequeño invernadoiro e o manexo de maquinaria lixeira.



1 comentario:

  1. Daniel "Alí el quimico"29 de noviembre de 2009, 23:07

    Todo está moi ben o que pasa que hay demasiados Latinajos no nome dos programas... como se nota que andan os de letras por ahí, jajaajaja, é unha bromiña aínda que, ¿porque non lle chamades a un novo porgrama que se proxecte, eu que sei... Keppler ou Curie? Algunha relación tentre ciencia e esforzo persoal se pode a topar.... pensade nelo ... ata loguiño...

    ResponderEliminar