miércoles, 1 de mayo de 2013

EMBRIAGADOS DE ITÍNERA, por Chan


"O voluntariado é un creador de conciencias"
Xa levaba case un ano en Itínera cando me atopei en Cuba, na viaxe do paso de ecuador de medicina, coa frase do revolucionario Che Guevara. Quedaba atrás aquel comezo ilusionante como voluntario e faltaban poucos días para que me vise afectado por unha enfermidade mental grave —un brote psicótico. Comprendín a indiferenza de ser un voluntario ou un usuario.

O voluntariado universitario contou o curso pasado con 311 persoas inscritas —La voz  de Galicia, 27 de agosto de 2012. Entrar ao voluntariado debe supoñer unha reflexión. Unha procura no eido persoal, que mesmo sabemos, e non é estrano, pode arredrarse del caendo nun certo absurdo ou nun proclive egoísmo. Mais sempre poderá camiñar cara un proxecto de ideal social a plasmar en diferentes vías coas que tender a unha superación.

Lembraredes os días pasados no sucio e fedorento río sacando o lixo e facendo a ponte e o paseo coas pesadas pedras, lembraredes toda a madeira que houbo que carrexar estes días… Embriaguémonos! —como di Baudelaire— de virtude (quizais o mellor dos xeitos).

1 comentario: